1 jun 2010

Reunións ... turísticas

Nos próximos días celebraremos reunións con empresarios e empresarias do sector turístico da zona de Ancares, que nos servirán para...


- coñecérmonos e falar do sector,
- detallar as axudas do programa Leader no turismo,
- e analizar unha proposta de traballo que varios/as empresarios/as propuxeron: buscar solucións ás deficiencias na sinalización de elementos de interese turístico. Entre todos/as analizaremos se interesa deseñar e propoñer unha sinalización dos elementos turísticos do territorio.
_______________________________________________________________________________________________


As reunións serán:
- O xoves 3 de xuño ás 18:15 horas no local da Asociación.
- O luns 7 de xuño ás 18:15 horas no bar Xegunde, de Navia de Suarna.
_______________________________________________________________________________________________

As técnicas da Asociación estaremos un cuarto de hora antes por se alguén quere consultar sobre as axudas para os seus proxectos particulares.

No hay comentarios: