1 jun 2010

Reunión con gandeiros e gandeiras en Cervantes

Os pasados días 24 e 26 de maio, mantivemos varias reunións con gandeiros e gandeiras da zona de Cervantes. Aproveitamos a ocasión para presentar á Asociación para os/as que non a coñecían, e explicar as axudas do Programa Leader. Se ben, o tema central das reunións era falar sobre os problemas e demandas do sector, e particularmente no tema da convivencia co lobo.

No marco do proxecto WOLF (Wild Life & Farmers), podemos analizar primeiro os custes reais que a gandeiros e gandeiras da comarca lles supón ter lobo no territorio. Non falamos neste particular dos danos por perdas directas por ataques, senón dos custes secundarios como os derivados de ter que manter peches, cans máis grandes, ou as perdas de gando que non se certifican porque desaparecen as reses, ou se denuncian demasiado tarde porque non se atoparon antes, ou mesmo horas de traballo adicadas á vixianza do gando.
Hai unha posibilidade no marco deste proxecto, de facer unha proposta seria que dea unha alternativa á xestión actual das axudas, para o próximo periodo presupuestario das axudas, que comeza no 2014. O GDR, ten solicitado xunto con outros territorios rurais españois con presenza de lobo, unha axuda ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, para poder seguir traballando nesta proposta alternativa. No próximo mes agárdase ter unha resposta do Ministerio ao efecto.

No hay comentarios: