RESULTADOS DO CONCURSO. FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS.
No enlace de máis abaixo, podedes ver as fotos seleccionadas como gañadoras do concurso RURALIMAGES da Rede Europea de Desenvolvemento Rural (http://enrd.ec.europa.eu/). Presentáronse miles de fotos moi interesantes no conxunto dos países participantes, así que, como podedes ver, a competición estaba moi reñida. Entre as fotografías gañadores cóntase cunha fotografía soriana, máis ningunha galega.
VER FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS.
VER TÓDALAS FOTOGRAFÍAS SELECCIONADAS POLOS GDRs. (Hai que pinchar en cada categoría para velas).
Dende o GDR agradécese a tódolos participantes na nosa selección previa a súa participación, e infórmase que, ao non ter sido seleccionadas para os premios, estas fotografías xa se poden presentar polos seus autores para presentarse ante outros concursos. O GDR non disporá delas para ningún uso.
PRESENTACIÓN DO CONCURSO.
O concurso fotográfico “Imaxes da Europa Rural”
nace da Rede Europea de Desenvolvemento Rural (www.enrd.eu)
e ten como obxectivo fomentar e render tributo ao desenvolvemento rural en
Europa.
Consiste en recoller unha ampla gama de
fotografías que reflictan a vida rural en Europa hoxe. Os exemplares gañadores
se presentarán nunha gran exposición que se celebrará no edificio Berlaymont,
do 22 de xuño ao 10 de xullo de 2012, en Bruxelas. Ademais, convidarase aos
fotógrafos e os grupos a asistir a unha cerimonia de entrega de premios, á que
asistirá Dacian Ciolos, Comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, o 27
de xuño de 2012. Unha exhibición de fotografías percorrerá Europa
posteriormente e se publicará tamén un álbum de fotos.
O concurso de fotografía está aberto a
tódolos fotógrafos profesionais e afeccionados residentes en calquera dos
estados membros da Unión Europea. Cada participante pode presentar tantas
fotografías como o desexe. Sen embargo, só os Grupos de Desenvolvemento Rural
poderán subir fotografías ao sitio web creado para esta ocasión (www.ruralimages.eu). Os grupos, así
mesmo, teñen un límite de 3 fotos para subir por cada categoría, polo que faise
preciso unha selección previa de fotografías, no caso de seren presentadas máis
de 3 fotografías por categoría. Por outra banda, os grupos deben asegurar a
disposición desas fotografías para publicacións posteriores e uso por parte da
Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.
Por
este motivo, realízanse estas bases reguladoras para a selección previa de
fotografías a presentar dende o Grupo Asociación de Desenvolvemento Rural
Ancares – Courel. A continuación, pódese descargar as bases do concurso de selección previa por parte do GDR5, así como o formulario de entrega de cada fotografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario