Que é o LEADER?
Podemos falar de Programa Leader e de Metodoloxía Leader.
O Programa Leader é un conxunto de medidas incluídas no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, a modo de subvencións públicas para proxectos e actividades. Cambia cada 6 anos, debido á reprogramación das políticas de desenvolvemento europeas, que tamén se fai cada 6 anos. Agora estamos no 4º programa Leader, que abarca dende o ano 2007 ata o 2013.
L: Ligazóns
E: Entre as
A: Actividades de
D: Desenvolvemento da
E: Economía
R: Rural
Dito doutra maneira: lazos, unións, redes e sinerxias entre os axentes que desenvolven a economía nun territorio rural. Trátase de traballar en rede, todos xuntos, co obxectivo final do desenvolvemento. O territorio... todos os axentes, organizacións, etc., debemos traballar unidos e ser os protagonistas do noso propio desenvolvemento.
AS SUBVENCIÓNS
Calquera persoa física ou xurídica, así como comunidades de montes veciñais en man común, que promova un proxecto dentre do ámbito do territorio rural, pode solicitar unha subvención. Os/as promotores/as non precisan ser socios do GDR para solicitar a subvención.
Que proxectos poden levar subvención?
Proxectos de tipo económico, como creación e modernización e ampliación de PEMEs en moitos ámbitos, explotacións agrarias forestais en moitos tipos de producións, servizos á poboación, restauración ambiental e patrimonial, etc.
Pódese consultar a normativa de forma detallada, ou ben preguntar na oficina técnica.
Que se recomenda facer?
Se tes unha idea dun proxecto a facer, consulta na oficina técnica:
Rúa Bolaño Mendo s/n - 27640 - Becerreá
Rúa Bolaño Mendo s/n - 27640 - Becerreá
Teléfono 982 360 824
DOCUMENTACIÓN VINCULADA ÁS SUBVENCIÓNS:
1. Normativa Reguladora:
- Bases Reguladoras refundidas (bases orixinais + modificación)
- Instrucion 1/2011 pola que se eliminan as Limitacións Sectoriais na área de Benestar da Poboación.
- Instrución 2/2011 sobre coordinación coa Consellería de Cultura e Turismo, para os proxectos turísticos e Convenio Agader-Turismo.
- Convocatoria GDR - 5, incluído o baremo.
- Anexo de Puntuación por Núcleo, para utilizar no baremo nos criterios de Poboación do Núcleo e Distancia á Autovía A-6.
2. Modelos a entregar coa solicitude e documentación complementaria:
- Modelo de Solicitude.
- Modelo de Declaración doutras Axudas.
- Modelo de Orzamento Detallado.
- Modelo de Comparación de Ofertas.
- Modelo de Resumo do Proxecto e Plan de Xestión (só proxectos NON produtivos).
- Modelo de Plan de Empresa (só proxectos produtivos).
- Outros documentos útiles son os seguintes. Non son modelos oficiais, pero poden servir de referencia se hai que entregar documentación ao respecto.
- Incidencia no emprego.
- Exemplo esquema certificación bens de 2ª man.
- Exemplo taxación achegas en especie.
3. Modelos de Xustificación:
- Exemplo taxación achegas en especie.
3. Modelos de Xustificación:
Os/as promotores/as deberán entregar xunto coas facturas, documentos bancarios de pago e outra documentación que se lles solicite expresamente, os seguintes documentos:
- Modelo de Solicitude de pago.
- Modelo de Xustificación de Gastos.
- Modelo de Declaración doutras Axudas.
- Modelo de Relación de Equipos Subvencionados (só cando se subvencionan equipos / maquinaria).
- Modelo de Xustificación do Emprego (só cando hai un compromiso de manter ou crear emprego).
4. Modelos publicitarios da Subvención:
No momento da xustificación, debe cumprirse a normativa de publicidade da subvención. Esta é diferente segundo o proxecto abarque obra civil, equipamento e maquinaria, ou estudos en formato papel ou electrónico.
Para obra civil inferior a 50.000 euros, os modelos de placas publicitarias son os seguintes:
Para outro tipo de proxectos e contías, débese solicitar na oficina técnica os modelos.