3 mar 2010

FORMACIÓN. Eventos.

XORNADA de MARKETING NO TURISMO RURAL, organizada pola Deputación Provincial de Lugo no marco do proxecto LugO2:
O próximo mércores día 10 de marzo, ás 16:00 horas celebrarase na Casa da Cultura de Becerreá, unha xornada informativa sobre MARKETING NO TURISMO RURAL, cunha duración estimada de 3 horas. Esta actividade organízase no marco do proxecto LugO2, da Deputación Provincial de Lugo. A participación é gratuita, pero débese confirmar a asistencia no teléfono 982260042 ou ben no enderezo electrónico lugo2@deputacionlugo.org.
Máis información na web do Concello de Becerreá.

FORMACIÓN ON-LINE COOPERATIVISMO:
O Consello Galego de Cooperativas oferta para este ano varios cursos de formación on-line relacionados co mundo das cooperativas e outras empresas de economía social. Son cursos de diversas temáticas, tales como habilidades sociais, xestión e dirección, marketing, etc.
Máis información na web específica.

No hay comentarios: