28 feb 2010

SOUTOS en Courel

O próximo sábado 6 de marzo, ás 16:00 horas na antiga escola de Seoane (hoxe Centro Social), temos concertada unha reunión entre persoas e entidades interesadas en realizar algún proxecto relacionado coa conservación e mellora dos soutos. Se pertencedes a algún colectivo relacionado coa temática na zona de Courel, convidámosvos a que asistades.
A temática será ampla, recollendo cuestións relativas ao estado sanitario, as producións e a calidade da castaña, a transformación da castaña, a recuperación de sequeiros e outros elementos constructivos, a recuperación de saberes locais sobre as formas de coidado dos soutos e sobre a gastronomía da castaña, etc.
Tratarase fundamentalmente na reunión de ver as posibilidades de emprender unha acción común entre todos/as, de cara a salvar a situación actual de abandono e perda de rendibilidade, co fin último, en calquer caso, de atopar unha alternativa para o emprendemento rendible e sostible.

No hay comentarios: