Despois de máis 3 horas de deliberación, e tras revisar os 371 debuxos participantes en todas as modalidades, o Xurado do Concurso de Debuxo TI PINTAS MOITO!, conformado por 5 profesionais das ramas de Deseño Gráfico, Artes Aplicadas, Animación e Traballo con nenos/as, dictaminou o fallo:
PRIMEIRO: queren deixar constancia que resultou moi difícil facer unha selección de gañadores/as, pois os debuxos son de moi alta calidade, e que se debe recoñecer o esforzo dos participante e a orixinalidde das ideas.
SEGUNDO: finalmente, resultaron gañadores/as:
Modalidade: "Como quero que sexa o meu pobo cando medre"
Gañadora/or Infantil e 1º Ciclo de Primaria
Gañadora/or 2º e 3º Ciclo de Primaria
Modalidade: "Represéntanos" (logo):
Gañadora/or
Dende a Asociación, despois de asombrarnos e emocionarnos co esforzo demostrado e a calidade dos traballos presentados, enviámosvos un cálido agradecemento a todos/as concursantes, así como aos Centros de Ensino que tan xenerosamente colaborastedes con nós neste Concurso.
Para rematar, convidámosvos a que vexades unha pequeniña mostra dos traballos, no documental "Catro Escapadas", que o programa "Desde Galicia para el Mundo" emitiu a pasada fin de semana. Podedes velo aquí. Tedes que ir ao fondo da páxina, onde se pode ver o vídeo, e darlle ao botón no medio da pantalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario