Foi convocada unha próxima asemblea para o 27/03/2010.
Será ás 17:00 horas no local da Asociación, en Becerreá. A Orde do Día será:
0- Lectura e aprobación da orde do día
1- Lectura e aprobación da acta anterior.
2- Memoria e contas do ano 2009. Aprobación.
3- Modificación da Composición de Xunta Directiva.
4- Entrada na Rede Rural Galega. Aprobación.
5- Data aproximada e lugar da vindeira Asemblea Xeral.
6- Rogos e Preguntas.
Ao saír, agárdannos uns refrescos e pinchos no bar Trama, de Becerreá, co gallo da entrega de premios ao Concurso de Debuxo, e a presentación oficial da Imaxe da Asociación. Alí agardamos ter un momento de lecer e intercambio entre os socios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario