Durante este mes de febreiro a Asociación organiza nos centros educativos do territorio un concurso de debuxo.
Os obxectivos do mesmo son, entre outros: achegar información do programa Leader ás familias máis novas, destacar o papel dos/das máis novos/as no desenvolvemento, e conseguir un logotipo para a Asociación.
Para elo, organízase o concurso en dúas modalidades:
PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:
Modalidade: "Como quero que sexa o meu pobo cando medre!" onde se realizará un debuxo libre relacionado con esta temática.
PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS (ata 22 anos):
Modalidade: "Represéntanos!", no que se debuxará un logotipo para a Asociación.
Os gañadores/as, e máis as aulas dos/as gañadores/as, recibirán sendos premios, e tódolos participantes recibirán un pequeno detalle.
Colaboran para elo: Concello de Baralla, Concello de Becerreá, Concello de Cervantes, Concello de Folgoso do Courel, Concello de Navia de Suarna, Concello de As Nogais, Concello de Pedrafita do Cebreiro e CAIXA RURAL GALEGA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario