Foi convocada unha Reunión de Xunta Directiva para este venres, 26/02/2010, ás 18:00 horas no local da Asociación. A orde do Día estará composta polos seguintes temas:
0. Aprobación da Orde do Día.
1. Aprobación da Acta da Reunión anterior, do 27/11/2009.
2. Solicitude de entrada de Novos Socios. Aprobación.
3. Proxectos de Cooperación. Estado Actual e Liñas Futuras.
4. Concurso de Debuxo nos Centros de Ensino do Territorio.
5. Estado de Contas e Planificación.
6. Reformulación dos gastos do 2010 nas medidas 431A e 431B segundo as novas instrucións.
7. Proposta de colaboración da Asociación de Empresarios de As Nogais.
8. Rede Rural Galega.
9. Preparación da próxima Asemblea da Asociación.
10. Rogos e Preguntas.
Lembrade que poden acudir ás reunións da Xunta Directiva representantes das entidades socias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario