Os acordos tomados en reunión de Xunta Directiva do pasado 27/11/2009 son os seguintes:
1. Aprobar a previsión de gastos nas medidas 431A e 431B do programa Leader.
2. Aprobar solicitar préstamo como anticipo de subvencións e autorizar a tres persoas da directiva a explorar as condicións dos préstamos, e seleccionar a mellor oferta, así como asinalos, previa comunicación á directiva.
3. Autorizar ás mesmas persoas a explorar as posibilidades dun aval bancario para o anticipo da anualidade 2010 e decidir e asinalo no seu caso, previa comunicación ao resto da directiva.
4. Apoiar a Iniciativa do Concello de Becerreá, de Declaración da Ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural.
5. "Apoiar á Plataforma por la Defensa del Partido Judicial de Becerreá", nas súas reivindicacións para non pechar os xulgados de Becerreá.
6. Aprobar as bases e o orzamento do Concurso de Debuxo para as escolas do territorio sobre o Logo da Asociación e o Futuro do noso territorio, e acordar solicitar a Agader esta iniciativa pola medida 431-B.
7. Aprobar o apoio a un proxecto de reivindicación de complemento de axudas para os gandeiros que sufren perdas de produción por convivir con animais salvaxes (lobo, xabarín,...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario