Foi convocada unha reunión de Xunta Directiva para o próximo venres 27 de novembro, ás 18:00 horas no local da Asociación.
A orde do día estará composta polos seguintes puntos:
0. Lectura e aprobación da orde do día.
1. Lectura e aprobación da acta anterior, do 17 de setembro de 2009.
3. Estado actual de contas. Cambios na xestión das axudas ao programa Leader e os proxectos de Cooperación. Información.
4. Aprobación de gastos do 2010 con cargo ás medidas 431A e 431B do programa Leader.
5. Posibilidade de solicitar aval bancario para o anticipo da anualidade 2010 do programa Leader.
6. Rede Rural Galega.
7. Concurso de debuxo nos centros de ensino de primaria e Secundaria do territorio, sobre o futuro do rural e o deseño do Imagotipo da Asociación.
8. Solicitudes de participación en campañas locais: "Declaración de BIC da Ponte de Cruzul" e "Plataforma para a defensa do partido xudicial de Becerreá".
9. Solicitude de entrada de novos socios.
10. Rogos e preguntas.
Segundo o Regulamento de Réxime Interno, aprobado na pasada Asemblea Xeral do 12 de setembro do presente ano, os representantes de calquera entidade socia poden acudir ás reunións de Xunta Directiva. Así é que se é o caso, pódeste achegar a dar as túas opinións na reunión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario