8 oct 2009

Proceso de Selección de Persoal Técnico

Está aberto o proceso para selección de dous postos de traballo e a conformación dunha lista de agarda na categoría de técnico/a.

Nos seguintes enlaces tedes a disposición as bases que regulan o proceso e os modelos de solicitude que se deben presentar:

BASES - SELECCION TECNICOS/AS
MODELOS SOLICITUDE
AMPRIACIÓN PRAZO ATA AS 19,00 horas

É importante lembrar que as solicitudes deberán estar no local da Asociación dentro do prazo de presentación de solicitudes, que remata o martes 13 de outubro ás 19,00 horas.

Horario de recepción de solicitudes: de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas pola seman. O sábado a oficiña estará aberta para recibir solicitudes de 9,00 a 14,00 horas.

Na columna á dereita, podedes descargar documentos válidos para a preparación da proba escrita.

Nota: para cubrir o modelo de solicitude, podes guardar o documento en vez de abrilo, cando pinchas no enlace, e facer as modificacións que consideres dende o teu ordenador. Outra opción é cubrilo no mesmo documento segundo se abre ao pinchar no enlace, e xeralmente coas teclas "Control" e "P" (para Windows), aparece o menú para imprimir.

No hay comentarios: