6 oct 2009

Aprobada Subvención Consellería Traballo para Contratación dun/ha Técnico/a

A Asociación recibiu recentemente a resolución favorable da Subvención solicitada á Consellería de Traballo e Benestar, para a contratación dun/ha traballador/a inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, por 9 meses.

O posto será na categoría de técnico/a para a realización do servizo denominado de "Dinamización no medio rural Ancares Courel".

A selección se realizará entre os currículums facilitados polo Servizo Público de Emprego de Galicia, mediante probas selectivas que consistirán nun exame escrito, entrevista e valoración de méritos.

No hay comentarios: