Desculpade as molestias
3 sept 2013
21 may 2013
PLAN DE CONSERVACIÓN DO OSO. EXPOSICIÓN DO BORRADOR E PRAZO DE ALEGACIÓNS.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, vén de publicar o pasado 11 de abril de 2013 o proxecto de decreto polo que se revisa o Plan de Recuperación do Oso Pardo en Galicia.
Dende a publicación, hai un prazo de 45 días para facer alegacións ao plan, polo que estimamos que este prazo rematará o vindeiro 26 de maio.
CONSIDERAMOS QUE É IMPORTANTE PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DO PLAN, COÑECENDO O SEU CONTIDO REAL E EXPOÑENDO A OPINIÓN E CONSIDERACIÓNS OPORTUNAS BASADAS NA REALIDADE DO MEDIO. Estas consideracións, agora ben, deben facerse co coñecemento real do documento que se expón. Por iso tratamos de achegar este documento no máximo posible.
O documento a revisar está dispoñible en diversas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza: Delegación da Xunta de Lugo (edificio multiusos na Ronda da Muralla 70, Lugo), en San Lázaro en Santiago de Compostela, etc. Tamén está dispoñible en internet no seguinte enlace:
RECOMENDASE LER CON DETENIMIENTO O CITADO PLAN E ENTENDELO, pois antes de extender impresións de palabra, cómpre coñecer o seu contido.
As persoas que queiran realizar ALEGACIÓNS AO PLAN, poden remitilas a:
1. MEDIANTE ESCRITO, Á DIRECCIÓN XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS, SAN LÁZARO, S/N. 15.781 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA), ou ben
2. AO ENDEREZO ELECTRÓNICO biodiversidade2.cma@xunta.es.
DOCUMENTACIÓN:
4 abr 2013
MESA REDONDA E DEBATE: COMERCIALIZACIÓN DIRECTA DA CARNE, DOS PASTOS DE MONTAÑA Á MESA.
O vindeiro xoves, 11 de abril, ás cinco da tarde, na Casa da Cultura de Becerreá, teremos unha xornada de coñecemento e debate de diferentes metodoloxías de comercialización de carne de xeito directo ou semidirecto.
A xornada, enmarcada no Proxecto de Cooperación Consumir para Conservar, trata de contribuír á relación e diálogo directo entre os produtores de zonas de alta calidade e sensibilidade ambiental, como son Os Ancares e O Courel, e os consumidores.
O programa consistirá nunha mesa redonda de experiencias de comercialización de carne distintas, con técnicos e gandeiros, e un posterior debate no plenario sobre as posibilidades de comercialización na montaña.

5 mar 2013
Documental "Somos acó", presentación
4 mar 2013
SUBASTA NOVILLAS RUBIA GALEGA EN BECERREÁ
SUBASTA DE NOVILLAS DE RUBIA GALEGA EN BECERREÁ
MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO:
WEB DO CONCELLO DE BECERREÁ
1 mar 2013
Informacion FEGATUR XORNADA INFORMATIVA PARA ALOXAMENTOS DE TURISMO RURAL, MUSEOS, CENTROS DE INTERPRTACION E EMPRESAS DE OCIO
Solicítannos dende Fegatur difundamos información dunha convocatoria de reunión para empresas de aloxamento de turismo rural, museos, centros de interpretación e empresas de ocio, do territorio Ancares - Courel,
para levar a cabo o Proxecto de adaptación do turismo rural galego aos novos 14 xeodestinos e a creación de experiencias turísticas en base aos 10 produtos cabeceira da marca turística de Galicia.
A reunión está posta para o vindeiro 6 de marzo ás cinco da tarde na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. A reunión celébrase alí porque será conxunta para Ancares - Courel e para a Ribeira Sacra.
Engadimos para centrar un pouco esta reunión, información do que son os 14 xeodestinos de Galicia e a nova Lei de Turismo de Galicia:
Mapa de Xeodestinos de Galicia
O día 30/11/2011 a Xunta de Galicia presentou o novo Mapa de Xeodestinos de Galicia, segundo o cal se distinguen ata 14 xeodestinos. Pódese consultar a nova premendo na ligazón:http:// culturaeturismo.xunta.es/ actualidade/nova.php?id=3224& lg=gal
Pódese consultar un vídeo explicativo colgado en youtube na seguinte ligazón:
No seguinte enlace podedes acceder á ficha do xeodestino 6 Ancares - Courel:
Lei de Turismo de Galicia
Lei 7/2011 de 27 de outubro, do turismo de Galicia, que podedes consultar premendo na seguinte ligazón:
24 ene 2013
RUTA CICLOTURISTA ANCARES - 29 XUÑO 2013
Texto e imaxe de www.roadwarriors.es:
"
Road Warriors es una marcha cicloturista, que tendrá lugar el día 29 de Junio de 2013, con salida y llegada en la localidad leonesa de Villafranca del Bierzo, núcleo importantísimo en la ruta Jacobea a Santiago y que cuenta además con un gran patrimonio histórico, monumental y turístico,
(...)
La ruta cuenta con una distancia total de 170 kilómetros y una ascensión positiva de 3.619 metros. Como hemos dicho, el recorrido transita en su parte inicial y final por el camino de Santiago y principalmente por los Ancares, zona declarada Reserva de la Biosfera y espacio natural protegido, área de especial protección de las aves y del oso pardo. La ruta recorrerá parajes de una gran belleza y riqueza natural, atravesaremos el hábitat de especies tan importantes y al mismo tiempo tan amenazadas, como el oso pardo, el urogallo, la cabra montesa, etc..., y atravesaremos localidades tan importantes como la propia Villafranca del Bierzo, Navia de Suarna - con su puente medieval sobre el río del mismo nombre-, Vega de Espinareda, puerta de entrada a los Ancares leoneses o Cacabelos con una importantísima y conocida actividad vitivinícola (Sede del Consejo Regulador de la Denominación Bierzo).
Pero lo más importante de esta zona, junto a su patrimonio natural, son sus pequeñas aldeas y las gentes que las habitan que constituyen la verdadera esencia de Los Ancares, pequeños enclaves cuyos habitantes conservan tradiciones ancestrales, pueblos que albergan ejemplos únicos y propios de la arquitectura rural de la zona, como las típicas pallozas y los hórreos, con sus característicos y únicos “teitos” realizados con cuelmos de centeno; también veremos castillos, puentes, ermitas, molinos, herrerías...Pueblos como Ambasmestas, famoso por sus quesos de cabra artesanos; Balboa y sus pallozas, Tejedo, Pereda y Candín en la vertiente leonesa, o Ponte Doiras con su espectacular castillo medieval enclavado sobre un farallón rocoso rodeado de bosque autóctono, Pontes de Gatín y sus preciosos puentes medievales, Fabal, Folgueiras de Aigas, Murias, etc..., estos ya en la parte lucense.
Hablando ya de lo deportivo, os diremos que una parte del recorrido aborda una de las etapas más duras, y más espectaculares también, de la Vuelta Ciclista a España y que últimamente se está convirtiendo en un clásico, concretamente la 14a etapa de la edición 2012, que discurre entre Palas de Reis y Balouta. Ascenciendo cinco puertos como el de Peña Morela (Folgueiras de Aigas) de 1a categoría, o “Pan do Zarco” uno de los puertos más duros de nuestro país, con 12 kilómetros de longitud, un porcentaje medio del 9,25% y un coeficiente de 366, por supuesto de categoría especial, cuya altimetría se puede comparar con el mítico puerto italiano del “Mortirolo”.
Nuestra principal motivación a la hora de organizar esta prueba, además de nuestro amor por la bicicleta, ha sido fomentar la práctica del deporte y en este caso del ciclismo de carretera en particular, y también dar a conocer el enorme potencial turístico de nuestra tierra, así como sus grandes posibilidades para la práctica del deporte en general. En nuestra tierra se pueden practicar deportes tan diversos como, el esquí, la espeleología y el descenso de cañones, el montañismo o la escalada, pasando por las aguas bravas o el senderismo, tenemos también carreras de montaña y de btt, y cómo no, ese deporte que todos practicamos con independencia de nuestra forma física que es la “buena mesa”, buena mesa que es posible gracias a la gran calidad y diversidad de nuestra gastronomía, de los productos de esta tierra, y de algo tan representativo de nuestro país como es el arte del buen vivir y que tanto gusta fuera.
A estas alturas y teniendo en cuenta la situación tan difícil por la que atraviesa nuestro país, somos plenamente conscientes de que la celebración de pruebas deportivas suponen un estímulo económico allá donde se celebren, influyendo de manera muy positiva en la economía local, y muy directamente al sector de la hostelería y por extensión también a otros sectores como el turístico, por lo que a la postre supone un estímulo y beneficio para la economía en general; creando en definitiva riqueza para todos.
"
23 ene 2013
Data inicio curso de froiteiras
Debido aos problemas de acceso por causa da neve, o curso de froiteiras retrasará o seu inicio ata o vindeiro martes, día 29 de xaneiro. A cita é ás catro da tarde, no centro social de Baralla.
29 dic 2012
LIÑAS ICO - BEI de CRÉDITO
O Instituto de Crédito Oficial xa ten publicada a información sobre os modos de financiamento de proxectos de inversión ou necesidades de liquidez para autónomos e pequenas empresas. A continuación poñemos un resumo:
TIPOS DE PROXECTOS FINANCIABLES NA LIÑA DE EMPRESAS - EMPRENDEDORES 2013:
- Para proxectos de investimentos, finánciase dende o 50 ao 100% do proxecto, con préstamo de máximo 10 millóns de euros, a devolver nun prazo máximo de 20 anos. Pode destinarse o total ao proxecto de inversión, ou ben ata a metade como máximo para necesidades de liquidez. Modalidade de financiamento: préstamo / leasing. Amortización para inversións de 1,2,3,5,7,10,12,15 ou 20 anos, con posibilidade de carencia de 2 anos. Amortización para liquidez de 1, 2 ou 3 anos; carencia de 1 ano posible.
- Para necesidades de liquidez, pode financiarse ata o 100 % ata un tope de 10 millóns de euros, a devolver en 3 anos. Modalidade de financiamento: préstamo. Amortización para liquidez de 1, 2 ou 3 anos; carencia de 1 ano posible.
ONDE SOLICITAR INFORMACIÓN OU TRAMITAR A LIÑA DE FINANCIAMENTO:
NAS ENTIDADES FINANCEIRAS: BANCOS, CAIXAS E COOPERATIVAS DE CRÉDITO.
PRAZO PARA FORMALIZAR O PRÉSTAMO ATA O 16 / DECEMBRO / 2013.
TIPO DE INTERESE:
O cliente pode elixir se fixo ou variable. En xeral o tipo será do Euribor (6 meses) + diferencial + 2,00 % de marxe (devolucións a 1 ano), ou +2,30 % de marxe (devolucións a máis de 1 ano).
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL, SECCIÓN LIÑAS ICO: EMPRESAS E EMPRENDEDORES.
DOSIER ESPECÍFICO, RESUMO

17 dic 2012
ABERTA INSCRICIÓN CURSO FROITEIRAS
Debido aos resultados obtidos da celebración do curso sobre coidado de froiteiras realizado no presente ano 2012, acordouse a continuación nesa liña de traballo dentro do proxecto de cooperación Nuevos Horizontes.
A incrición é gratuíta, se ben pode haber limitación ao número de prazas se houbera moitas solicitudes.
As persoas interesadas deben inscribirse a través de:
no teléfono 982360824,
no enderezo electrónico gdr5ancarescourel
@gmail.com
ou na oficina do técnico de emprego de Baralla, no teléfono 982363685.
A produción de mazá na zona de montaña é unha produción moi interesante dende o punto de vista económico e social. As variedades que se conservan nesta comarca, por exemplo, conxugado coas especiais condicións climáticas, resultan en que moita produción de mazá de sidra teña unhas condicións de calidade moi boas. Sidrerías asturianas referencian moitas veces como gañaron premios de sidra con mazás do Val do Neira. Por outra banda, as pequenas e duras mazás de sidra desta zona mantéñense sen pudrición en almacén durante moito tempo, que é unha vantaxe para os transformadores. É por iso que consideramos que esta zona ten unha realidade hoxe de produción de mazá moi interesante, pero así tamén un potencial de desenvolvemento a través da ampliación da produción. Pode supor un complemento económico moi interesante para as explotacións familiares, centradas especialmente na gandería.
Durante o 2012, dende marzo a setembro, co primeiro curso de coidado de froiteiras, en torno a 35 persoas nos formamos nos coidados cotiás que precisan as froiteiras, especialmente as autóctonas. Aprendemos, entre outras cousas, a replicar patróns, enxertar con enxerto de púa e enxerto de xema, poda estrutural, poda de frutificación, sistemas de prantación, etc. Así mesmo, tamén nos fixemos cunha selección de variedades autóctonas galegas de mazá de sidra e mazá de mesa, de forma que as persoas que as levaron para enxertar nos seus patróns, as teñan sempre identificadas e se poidan novamente replicar. Por outra banda, acudimos a coñecer plantacións de froiteiras profeisonais en ecolóxico da provincia da Coruña, así como á prantación de variedades autóctonas do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Por último, realizamos a Primeira Cata e Concurso de variedades autóctonas da comarca dos Ancares, celebrado no 18 de outubro en Baralla.
En primeiro lugar, nos parece que se debe continuar e profundizar na formación sobre o coidado de froiteiras e na recopilación e conservación de variedades autóctonas. Por isto, acordouse realizar a continuación do curso do ano 2012, enfocado desta volta á práctica na plantación e na conservación de variedades. Aprenderemos pois neste ano a: tomar mostras de solo e analizar os resultados da analítica para calcular doses de abonado e correccións, realizar o deseño de prantación, replicar patróns e enxertar (de púa e de xema), prantar con guía e tutor, etc. Quedará así constituído un pequeno banco de xermoplasma, é dicir, unha pequena prantación de variedades locais, para que produtores da zona poidan posteriormente dispor de púas identificadas para replicar nas súas prantacións.
O curso comezará nas próximas semanas, unha vez se teñan anotado un número mínimo de alumnos que o fagan viable. Os horarios serán de 4 a 7 da tarde, en datas por determinar. É dicir, iranse poñendo as datas de celebración do curso segundo a época en que se deban realizar cada unha das tarefas de coidado das froiteiras.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)