Solicítannos dende Fegatur difundamos información dunha convocatoria de reunión para empresas de aloxamento de turismo rural, museos, centros de interpretación e empresas de ocio, do territorio Ancares - Courel,
para levar a cabo o Proxecto de adaptación do turismo rural galego aos novos 14 xeodestinos e a creación de experiencias turísticas en base aos 10 produtos cabeceira da marca turística de Galicia.
A reunión está posta para o vindeiro 6 de marzo ás cinco da tarde na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. A reunión celébrase alí porque será conxunta para Ancares - Courel e para a Ribeira Sacra.
Engadimos para centrar un pouco esta reunión, información do que son os 14 xeodestinos de Galicia e a nova Lei de Turismo de Galicia:
Mapa de Xeodestinos de Galicia
O día 30/11/2011 a Xunta de Galicia presentou o novo Mapa de Xeodestinos de Galicia, segundo o cal se distinguen ata 14 xeodestinos. Pódese consultar a nova premendo na ligazón:http://culturaeturismo.xunta.es/actualidade/nova.php?id=3224&lg=gal
Pódese consultar un vídeo explicativo colgado en youtube na seguinte ligazón:
No seguinte enlace podedes acceder á ficha do xeodestino 6 Ancares - Courel:
Lei de Turismo de Galicia
Lei 7/2011 de 27 de outubro, do turismo de Galicia, que podedes consultar premendo na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario