O Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino (en diante, MARM), vén de aprobar a resolución definitiva da nova convocatoria de proxectos de Cooperación entre Territorios, ou máis ben entre Grupos de Desenvolvemento Rural.
O GDR 5 presentouse nesta convocatoria a tres proxectos, dos que o MARM aprobou dous. Estes dous proxectos son os seguintes:
- WOLF: Wild Life and Farmers (Lobo: Vida Salvaxe e Granxeiros/as). Este proxecto busca fundamentalmente un consenso entre os axentes do territorio para propoñer algunha alternativa aos problemas de convivencia da fauna salvaxe coa gandería. Os socios do proxecto son fundamentalmnente 11 grupos de desenvolvemento rural españois, máis varios grupos doutros países (Portugal, Rumanía,...). En Galicia, é tamén socio o GDR 3: Montes e Vales, que abrangue parte das comarcas da Fonsagrada e Meira.
Nos meses pasados, o GDR 5 mantivo reunións de presentación do proxecto con gandeiros e gandeiras, axentes de medio ambiente, técnicos da administración medioambiental e asociacións ecoloxistas. Está previsto nas semanas próximas, replicar estas reunións de presentación con máis grupos de gandeiros/as, cazadores/as e outros axentes.
- "Nuevos Horizontes". Este é un proxecto basado en xeral para todos os grupos socios na conservación e aproveitamento económico das variedades locais de cultivos ou froitos, así como nas posibilidades de introdución de cultivos novidosos.
O GDR 5 aplicará fundamentalmente este proxecto na liña de traballo da castaña e o souto que se iniciou hai xa tempo con produtores/as na zona de Courel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario