2 jul 2010

MODIFICACION BAREMO SUBVENCIÓNS LEADER

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vén de aprobar nesta semana a proposta feita pola Asociación de reducir a puntuación mínima para que os proxectos poidan ser subvencionables polo programa Leader dende 50 a 40 puntos.

Así, poderán ser subvencionables proxectos que antes se situaban entre os 40 e os 50 puntos no baremo.

Pódese ver a convocatoria de axudas e a modificación, publicadas na web de Agader, na sección do GDR 5 no seguinte enlace: http://agader.xunta.es/EixoLeader_Gal.do?editarGal=8

No hay comentarios: