Que son?
Son proxectos que a Asociación leva a cabo directamente, traballando en común con outras asociacións similares. Sempre se pode aprender e facer forza a través da unión e os proxectos en común. Ahí radica a súa utilidade.
Como se sufragan?
O Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, ten unha liña específica de axudas a Proxectos de Cooperación desenvolvidos por Asociacións xestoras dos fondos Leader.
En que proxectos de cooperación participa o GDR - 05?
1º: MASOVERA.
Masovera é un proxecto de busca de solucións alternativas, útiles e de baixo custe para os problemas de equipamentos, infraestruturas e servizos, nos pequenos núcleos e explotacións ailladas.
2º: REAC (Rede Espazos Ambientalmente Competitivos).
REAC reúne unha serie de actuacións diversas encamiñadas, entre outras cousas, ao aproveitamento dos recursos vinculados á natureza e a imaxe de calidade.
3º: WOLF (Wild Life and Farmers: Vida Salvaxe e Gandeiros/as).
WOLF busca fundamentalmente para o noso territorio, conseguir unha mellora nas compensacións das perdas producidas na gandería derivadas da presenza de fauna salvaxe, coma o lobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario