A comisión xestora encargada da constitución da ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL ANCARES-COUREL que vai permitir participar no proceso de selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na Xestión do Programa Leader de Galicia 2007-2013 CONVOCA a asamblea constituínte que terá lugar o sábado día 2 de agosto de 2008 ás 17:00 h. na casa da cultura de Becerreá. A orde do día será a seguinte:
1. Identificación das entidades participantes e dos seus representantes.
2. Lectura íntegra dos estatutos e aprobación se procede.
3. Apertura do proceso para a elección da Xunta Directiva da asociación.
4. Presentación de candidaturas e comezo da votación.
5. Reconto de votos e proclamación da Xunta Directiva elexida.
6. Rogos e preguntas.
ACLARACIÓNS:
Todas as entidades participantes deberán aportar a seguinte documentación:
1. Copia de Estatutos oficiais da entidade.
2. Copia da acta fundacional da entidade.
3. Copia de D.N.I. do representante da entidade e do seu suplente.
4. Certificación da acta da xuntanza na que se tomou o acordo de formar parte da nova asociación e se nomean representante e suplente da entidade. (Xúntase un modelo de acta que podedes utilizar).
A documentación deberá enviarse por correo ordinario ó Apartado de Correos 65 de Becerreá antes do xoves 31 de xullo, e, en último caso, poderá entregarse ata as 15:00 h. do día de celebración da asemblea constituinte. Co fin de axilizar os trámites prégase que se adelante a copia da certificación da acta debidamente cumplimentada ó nº de fax 982 369 010.
Tal e como se acordou nas xuntanzas previas da comisión xestora e co fin de facer fronte ós gastos de constitución da asociación, o día da asamblea constituínte procederase ó cobro dunha cuota de 20 € por entidade participante.
Para calquer consulta ou aclaración podedes dirixirvos por e-mail a gdr5ancarescourel@gmail.com ou facer os vosos comentarios neste blog.

A comisión xestora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario