Hoxe día 11 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS, fixado como tal pola Organización das Nacións Unidas no ano 2002. (Ver resolución). O tema deste ano 2012 para o día das montañas, é a "Celebración da vida da montaña".
Segundo a ONU, Programa 21, Capítulo 13, que é o documento de "Ordenación de ecosistemas fráxiles; desenvolvemento sostible de zonas de montaña", indícase que:
"Aproximadamente o 10% da poboación mundial depende dos recursos das montañas. Unha porcentaxe moito maior sérvese de distintos recursos das montañas, en particular da auga. As montañas constitúen unha reserva biolóxica e especies en perigo".
É moi interesante ler, sen embargo, todo o documento, analizándoo iso sí, coa perspectiva clara de que se refire a todas as áreas de montaña do planeta.
Para ver outros documentos da ONU relacionados indirectamente: http://www.fao.org/docrep/016/i3010s/i3010s00.htm
En calquera caso, .... ESTAMOS DE CELEBRACIÓN: CELEBREMOS A VIDA DA MONTAÑA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario