4 dic 2012

Festa da Pisa da Castaña 2012


O vindeiro día 8 de decembro, celebramos en Froxán a 14 edición da Festa da Pisa da Castaña Seca, que organiza a Asociación Fonte do Milagro.

Convidamosvos a achegarvos a Froxán a coñecer esta mostra da rica etnografía do Courel.
Durante o outono había que secar a castaña nos sequeiros tradicionais para pisala sobre estas datas, actividade que consiste en quitarlle-la casca seca e seleccionala.
Máis información o día 8 en Froxán, pois non hai como vivilo para coñecelo!!

 Un video do ano anterior pinchando AQUÍ.


Para chegar a Froxán:
- Dende Pedrafita (saída da A-6): dirixirse pola estrada a Sarria, e coller o desvío ao Courel antes de chegar a Hospital, pasar Seoane e chegando a Folgoso do Courel, xusto á entrada do pobo, coller o desvío á dereita cara Froxán.
- Dende Lugo: ir por Pobra de Brollón, por Salcedo, Parada de Montes e Froxán.
- Dende as provincias de Pontevedra, Ourense, ou proximidades da N-120: dirixirse a Quiroga e subir ata Folgoso do Courel, onde se colle ao saír á man esquerda o desvío cara Froxán.

No hay comentarios: