14 dic 2012

Xornada - Debate: LAS MONTAÑAS DEL NORTE


Mañá sábado 15 de decembro a partires das 17:00 h. no CEN "Casa das Insuas", con motivo da conmemoración do Día Internacional das Montañas que se celebrou o día 11 de decembro, A Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza a xornada-debate "LAS MONTAÑAS DEL NORTE" sobre o futuro da conservación da Cordilleira Cantábrica que contará có seguinte contido:

-Proxección do documental "Las Montañas del Norte" coa participación de Emilio de la Calzada (Plataforma de defensa de la Cordillera Cantábrica).

-Mesa redonda-debate "O futuro da conservación da Cordilleira Cantábrica: Xestión do abandono"


No hay comentarios: