Igualmente, o mércores 7, terá lugar na Casa da Cultura de Becerreá, ás 19.00 horas, a proxección do documental “Coexistencia del Lobo y el Mundo Rural” e unha conferencia sobre o mesmo tema, por parte de Carlos Sanz, biólogo experto en lobo que deseñou a exposición e dirixiu o documental.
A charla e a exposición permitirán avanzar na resposta á demanda recollida das reunións do proxecto, sobre a necesidade de información e coñecemento da situación real do lobo. Con esta primeira charla, preténdese dar a coñecer a vida e comportamento do lobo por un experto na materia como é Carlos Sanz, biólogo con anos de experiencia de traballo co lobo e experto en comunicacións e exposicións ambientais.
Carlos Sanz é co-autor do libro “Amigo lobo”, de diversas exposicións recoñecidas, algunhas delas no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid e coordinador de varios proxectos de educación medioambiental. Dirixiu e guionizou diversos documentais de natureza, de fauna e caza, e formou parte dos equipos de traballo de series televisivas tan coñecidas como “El Hombre y la Tierra”, dirixida por Félix Rodríguez de la Fuente, “Enclave Verde”, “La Ruta Alternativa”, “Naturaleza Ibérica”, “La España Salvaje” (I e II) e “Pacto con Lobos”, entre outros.
A exposición, que se inaugura ás 17.30 horas do día 7 foi tamén deseñada polo conferenciante, e contará ademáis dos paneis informativos, dun documental de coñecemento do lobo e a convivencia coa gandería (“Coexistencia del Lobo y el Mundo Rural”), e diverso material gráfico e museístico.
Quedará aberta ao público durante o mes de marzo, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no local da Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares – Courel (Rúa Bolaño Mendo s/n).
Posteriormente será trasladada a Lugo, na que se realizará de novo a conferencia, e se instalará a exposición durante o mes de abril.
2 comentarios:
Buenos días.
Acabo de publicar esta misma información en el blog lobero de Carlos Sanz:
http://amigolobocarlossanz.blogspot.com/2012/03/presentacion-de-la-exposicion.html
Un cordial saludo.
AL
(Webmaster de las páginas AMIGO LOBO y Blog Lobero)
Publicar un comentario