10 mar 2012

Recibimos 10 ordenadores para asociacións da montaña

Nesta pasada semana, recibimos 10 ordenadores completos de segunda man, para equipar locais sociais de asociacións do territorio Ancares - Courel. Proveñen do programa de donación de ordenadores da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
Os ordenadores estarán nas primeiras semanas en Teixeira do Courel, onde a Asociación Xuvenil Buraca das Grellas impartirá un curso de informática e internet. Posteriormente realizaremos un reparto entre as asociacións que solicitaran equipos para os seus locais.
Está presente a idea de seguir buscando equipamento informático donado para equipar os locais sociais de asociacións en activo, así que se poden facer peticións ao noso correo electrónico.

No hay comentarios: