A primeira xornada do Curso de Coidado das Froiteiras celebrouse o pasado martes 28 de febreiro.
O ponente, Francisco Otero, experto en fruticultura, comezou facendo unha introdución aos coidados xerais das froiteiras, e en especial dos pomares. Profundizouse en cuestións relativas á planificación previa dunha plantación, con aspectos específicos da selección de patróns (raíces) e selección de variedades ou castas (parte superior do árbore, que da o froito). Déronse indicacións para o análise do chan, as distancias de prantación e a selección de pranta. Destacouse tamén a importancia de escoller ben as variedades adaptadas a cada zona, e asimesmo de conservar as variedades específicas e tradicionais, xa que son as que se adaptan mellor ás condicións de cada lugar. Destacouse, por outra banda, a calidade das mazás da zona de Baralla, comentando como anécdota que varias sidrerías asturianas de premios recoñecidos á calidade, se abastecen da mazá proveniente desta zona.
Acordouse que o curso se organizará nunha tarde de formación teórico - práctica cada semana, con visitas e experimentación en fincas de produtores da zona de Baralla. A próxima cita será o vindeiro mércores 7 de marzo, na que se tratará específicamente podas, e se procederá a realizar prácticas de podas en kiwis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario