5 sept 2011

REUNION SOBRE TEITADOS DE PALLA

O pasado día 29 de xullo xuntámonos en Piornedo con propietarios de construcións teitadas de palla: pallozas, hórreos, cileiros ou palleiras que aínda conservan  todo ou parte do teito de palla. O obxectivo era coñecerse e falar da problemática común de manter os teitados, e para a Asociación de desenvolvemento, englóbase na liña de traballo do Proxecto Masovera, sufragado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.
Falamos nesa reunión de moitas cuestións, pero sobre todo do difícil que é conseguir palla e do descoñecemento de xente ou empresas que teiten. Falamos tamén da posibilidade de facer unha asociación de propietarios/as de teitos de palla, que sirva para obter información, solicitar axudas, coordinarse para mercar palla, etc. Así que varias persoas voluntarias, e as que se queiran sumar, están recollendo propostas para a elaboración duns Estatutos para esta asociación. Acordouse tamén facer unha próxima reunión en setembro, para seguir falando, xuntar máis xente para a reunión, e madurar a idea de crear a Asociación.

A continuación, pódese descargar un resumo das conclusións da reunión en Piornedo.

- CONCLUSIÓNS DA REUNIÓN EN PIORNEDO, A 29/XULLO/2011.

IMPORTANTE:
A vindeira reunión queda fixada para o día 10 DE SETEMBRO, sábado, ás 18.00 HORAS, no CENTRO DE USOS SOCIAIS DE SAN ROMÁN DE CERVANTES (en frente á Farmacia).

Agardamos que poidades asistir. Se algunha persoa ten dificultades para poder achegarse, pode contactar connosco no teléfono 982360824 ou 606035964, e tentaremos atopar unha solución.

Cómo chegar dende A Fonsagrada.

No hay comentarios: