3 ago 2011

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS

Está aberto  ATA O 29 DE AGOSTO, o prazopara se anotar no Curso de Primeiros Auxilios, que se celebrará na Escola de Barcia, en Navia de Suarna a primeiros de setembro. Poderanse inscribir persoas maiores de 18 anos, ou maiores de 16 con autorización paterna ou materna, que sexan residentes nos concellos do GDR - 5.


Este curso, solicitado ao GDR pola Asociación de Mulleres Rurais LEDICIA, organízase co obxectivo fundamental de que as persoas residentes en lugares aillados e lonxanos de centros de atención sanitaria, se capaciten para a atención de primeiros auxilios en situacións de emerxencia.

O curso será impartido por profesionais da Cruz Vermella de Lugo e terá unha duración de vinte horas. O curso organizarase con 10 horas teóricas e 10 prácticas e estará HOMOLOGADO POR INTERÉS SANITARIO. Recibirase diploma de asistencia, cun mínimo de asistencia do 90% e superación de exame teórico práctico.

Encádrase esta actuación no proxecto de Cooperación Interterritorial Masovera, que financia o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, e que busca alternativas de melloras de servizos no hábitat disperso.

No hay comentarios: