Na pasada reunión celebrada o 10 de setembro en San Román de Cervantes, no marco do Proxecto de Cooperación Interterritorial MASOVERA, sufragado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, para avanzar no debate sobre o estado de conservación dos teitos de palla, e tratar de conformar unha asociación de propietarios/as que traballe por mellorar as posibilidades da conservación destes elementos patrimoniais, tratáronse diversos temas:
- Falouse de que era importante que as persoas tiveran disposición a traballar ou aportar cousas útiles á asociación. Viuse neste debate que hai propietarios/as co interese de conserva-las súas pallozas, hórreos, etc.; outros/as que poden ofrecer terras para sembrar centeo e ter palla; outras que poden ensinar sobre formas de teitado e de tratamento da palla; outras que poden traballar en temas de xestión, trámites ante Administracións, etc.
- Falouse tamén e debateuse inicialmente sobre a posibilidade de crear unha nova asociación ou a posibilidade de acepta-lo ofrecemento feito dende a Asociación Castaño y Nogal, de integrarse os propietarios na súa asociación e traballar dende ela pola conservación dos teitos de palla, aproveitando así unha estrutura organizativa e unha experiencia en xestión. Expuxéronse diferentes argumentos sobre esta cuestión.
- Tamén se debateu sobre o papel que debe ter unha asociación de propietarios/as de teitos de palla, e que tipo de tarefas debe abarcar. Entre estas, se fixeron suxerencias como: que sirva para negociar ante a Administración, que sirva para solicitar axudas, que seiva para poñer en común coñecementos, para poder adquirir palla ou contratar traballos de restauración máis asequibles, etc.
Na reunión entregouse un borrador inicial duns Estatutos para o caso de acordar crear unha nova asociación, de xeito que as persoas interesadas poidan lelos con antelación suficiente para unha vindeira reunión, a celebrar a mediados do mes de outubro.
Así é que se ten pensado celebrar no mes de outubro unha vindeira reunión na que se tratará de constituir ou alomenos avanzar na formación dunha Asocíación de propietarios/as de teitos de palla. O lugar e hora determinarase proximamente. Para elo, servirá de base sobre a que facer propostas de mellora o seguinte
BORRADOR DE ESTATUTOS: ASOCIACIÓN DE PROPIETARIOS DE TEITOS DE PALLA.
Como antecedentes, resúmese no seguinte documento o tratado na reunión celebrada en Piornedo no 29 de xullo de 2011: RESUMEN REUNION PIORNEDO TEITOS PALLA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario