30 jul 2011

Conclusións Reunión Teitados de Palla

O pasado venres 29 de xullo xuntámonos en Piornedo unhas 27 persoas propietarias de hórreos, pallozas e palleiros teitados de palla, e membros da Asociación. Os asistentes eran de diferentes concellos (Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Cervantes,...), se ben a maioría era da parroquia de Donís.

O obxectivo era falar da problemática de conservación destes teitados e tentar buscar entre todos/as unha solución. Estivemos falando longo e tendido do problema de obtención de palla de calidade (resistente, de lonxitude mínima dun metro, etc.), e ben desgranada. E tentamos buscar unha solución.

En breve subirase ao blog un resumo do debate e as conclusións sobre cuestións relativas á restauración ou rehabilitación das pallozas.

Destacamos igualmente que outra das conclusións obtidas foi a de CONSTITUIR UNHA ASOCIACIÓN DE PROPIETARIOS/AS DE TEITOS DE PALLA, que loite polo obxectivo de conservación das mesmas. Entre as persoas que se ofrecen voluntariamente, se irá traballando nuns Estatutos da asociación, de cara a que no vindeiro mes de setembro se convoque novamente a unha reunión de propietarios/as para ir avanzando na constitución da asociación. O GDR apoiará este proceso de constitución, e servirá de punto de información e contactos, a través do proxecto de cooperación interterritorial Masovera, sufragado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Desde fai 10 anos levo estudando todos os teitos de palla da Galiza
temdes mais info en www.ciberirmandade.org/piornedoceive
por outra banda o meu telf é 625790590
Estou moi interesado en participar nesta asociacion e polo menos estar informado