Hoxe, día 21 de xullo de 2011, vense de asinar un Convenio entre os Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia de Lugo e a Fundación Centro Tecnolóxico Alimentario de Lugo (www.cetal.es).
O obxecto do convenio é a dinamización do sector agroalimentario da provincia, a través da innovación nas industrias alimentarias e centros de comercialización. O Cetal disporá de varios/as técnicos/as, becados pola Diputación Provincial de Lugo, para a realización dun estudo previo de necesidades das empresas alimentarias lucenses, en colaboración con cada GDR. Os GDRs, pola súa banda, colaborarán no deseño do estudo e proporán novas liñas de traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario