Para dar cobertura orzamentaria ás parcelas da trufa, a Asociación vén de asinar recentemente un convenio coa Fundación CETAL (Centro Tecnolóxico Alimentario de Lugo).
A trufa, é un fungo que se aloxa nas raíces de aciñeiras, ou outro tipo de árbores de pequeno tamaño e arbustos. Fai con eles unha simbiosis, pola que ambas especies se benefician da compaña mutua. Para instalar trufas nun terreo, é por tanto preciso prantar estas especies arbóreas ou arbustivas que leven xa instalado na súa raíz o prezado fungo.
A raíz do convenio co CETAL, primeiro realizaranse analíticas de chan para ver a priori se estes reúnen as condicións químicas e físicas básicas para o cultivo. Estas analíticas remitiranse ao Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña, onde, gratuitamente, nos informarán sobre se os solos son aptos ou non para albergar e desenvolver este fungo.
Posteriormente, se houber a priori zonas aptas, solicitarase a propietarios/as de parcelas ubicadas nesa zona o permiso para realizar unha pequena parcela demostrativa. O CETAL correrá cos gastos derivados da plantación de árbores micorrizados.
...e descubriremos ao cabo duns aniños se a trufa é posible no Courel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario