27 jul 2011

Reunión con propietarios/as de "teitados de palla"

Non cabe dúbida que as pallozas, vivendas tans singulares e propias da nosa zona de montaña, son un recurso cultural, un patrimonio único e especial, e de grande valor histórico, cultural e incluso afectivo, porque está ligado ás nosas vidas, ás nosas familias e antepasados.

Quizais por elo dende hai un tempo moitas persoas da zona nos din que había que facer algo para que se conservaran. Resulta moi costoso manter o teito de palla, e xa é difícil conseguir a palla que valla para teitar, e xente que saiba facelo.

Precísase moita cantidade de palla e de determinada forma: lonxitude mínima dun metro máis ou menos, e non estar rota. Esto último é o máis dificil, xa que hoxendía, as formas modernas de recollida do pan rompen toda a palla. Débese facer ou ben como antiguamente ou con algún método novo que permita desgranar sen romper moita palla. Tamén xa de por sí é complicado atopar a palla, xa que na zona apenas se sembra pan, e na zona de Castilla, apenas se sembra palla da lonxitude precisa e é costoso traela.

Despois, aínda queda escollela e teitar. Pero tamén queda pouca xente que teite. Saber saben moitas persoas maiores que teitaban de mozos/as, pero poucas ou pouquísimas empresas e persoas e o fagan hoxe.

Así é que vista a situación, se queremos que este patrimonio único non se perda, debemos mover ficha.

Pensamos que o primeiro a facer sería unha xuntanza de todos e todas as propietarias de pallozas para falar deste tema e ver se somos quen de coñecer mellor a situación real das pallozas e as dificultades dos propietarios/as para restauralas, e buscar logo unha fórmula por se se puidera facer algo realmente para melloralas.

Esta reunión será en Piornedo de Ancares, o vindeiro venres 29 de xullo ás 18.30 horas.

Dende a Asociación convidouse a propietarios e propietarias de pallozas e hórreos teitados de palla, mediante o envío da convocatoria de reunión. Pero non somos coñecedores de todos /as os/as propietarios/as, pois non temos toda esa información.
Así que se coñecedes dalguén que puidera estar interesado/a na reunión, agradecemos que se lle dea aviso da mesma.

No hay comentarios: