O vindeiro mércores día 27 de outubro, realizaremos, en coordinación co GDR 3, Montes e Vales, da zona de Fonsagrada e Meira, unha reunión multisectorial para aborda-la temática da convivencia do lobo coa gandería.
No marco do proxecto WOLF: Wild Life & Farmers, (Lobo: Vida salvaxe e Mundo Rural), tratamos de buscar entre tódolos colectivos implicados unha mellor solución ao problema. Queremos chegar entre esta ou máis reunións a un acordo, un pacto territorial, ou unha proposta para elevar á Administración, que solvente mellor as necesidades do sector.
Nesta reunión estaremos gandeiros e gandeiras, cazadores/as, persoal da Administración, técnicos que traballan no Plan de Xestión do Lobo e asociacións ecoloxistas. Todos temos un punto de acordo, i é que os gandeiros e gandeiras non teñan perdas derivadas da conservación da especie.
Por previsión do número de prazas, débese avisar con antelación se se asiste con idea de quedarse a mediodía para o xantar de confraternización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario