28 oct 2010

Xornada Multisectorial Proxecto Wolf




Onte tivo lugar no CPI Daniel Monje de Navia de Suarna unha xornada na que participaron gandeiros, asociacións conservacionistas, Cazadores, sindicatos, persoal técnico da administración e outras persoas interesadas no proxecto Wolf.

A xornada comezou cunha charla introductoria de Luis Llaneza, Biólogo responsable da consultora A.Re.Na (Asesores en Recursos Naturales S.L.), asesor da Consellería de Medio Rural no tema do lobo que falou sobre a distribución e a ecoloxía do lobo en Galicia.

A continuación expuxeron asuas posicións no tema as asociacions ecoloxistas, os cazadores e os gandeiros, e tivo lugar un intenso debate tras o cal se sacaron as seguintes conclusións, que serán as liñas nas que se vai seguir traballando no futuro:

- Obtención dunha prima para os gandeiros por coexistencia cos animais salvaxes
- Control e xestión axeitas das poboacións de lobo
- Pago dos danos colaterais.
- Mellora da valoración dos pagos directos que existen na actualidade.

No hay comentarios: