13 oct 2010

OFERTA EMPRESAS: PROPOSTAS DE TRABALLOS TÉCNICOS

Como xa sabedes somos socios do proxecto de cooperación MASOVERA (Masías Sostibles: Vivir en Explotacións Rurais Ailladas), entre cuxos obxectivos está contribuír a mellora dos servizos básicos da poboación que vive nos pequenos núcleos do rural.
En relación a este proxecto temos agora que decidir que estudos técnicos encargamos para a realización no futuro dunha pequena obra novidosa e de baixo custe nalgunha das seguintes temáticas:
- Transporte
- Luz
- Auga (depuración, abastecemento, potabilización…)
- Comunicacións (Tv, Telefono fixo ou móbil, internet…)
- Residuos
- Servizos sociais
- Prevención de incendios

SOLICITAMOS A COLABORACIÓN DE EMPRESAS QUE REALICEN ESTE TIPO DE PROXECTOS para que nos envien propostas nalgunha das anteriores temáticas, como orientación podemos dicir que o presuposto máximo para o proxecto será de 5000€, proxecto que será para unha obra de máximo 15000€.
Temos pouco tempo para decidir estas cuestións polo que solicitamos que calquera empresa que esté interesada nos envie estas propostas por correo electrónico (gdr5ancarescourel@gmail.com)como data límite o Luns 18 de outubro as 15:00h.

No hay comentarios: