18 jun 2008

Funcionamento do Blog

Hola a todos:

Para facilitar a oportunidade de participar neste blog enviouse a tódalas asociacións das que dispoñemos do seu enderezo electrónico correcto, unha invitación a través da cal podemos darnos de alta como usuarios autorizados para publicar entradas no blog. Para os que non están familiarizados coa dinámica dos blogs, só hai que picar no enlace que vos aparece no correo.É coma este:

http://www.blogger.com/i.g?inviteID=4408164748668665032&blogID=...........

A continuación abrirase unha ventá na que, se temos unha conta de correo de google(........@gmail.com) debemos aceptar a invitación introducindo os datos da mesma e se non é así, nesta mesma ventá temos a oportunidade de creala. É moi sinxelo, veremos que en poucos pasos estamos en condicións de publicar entradas no blog e deste xeito compartir tódalas opinións que queiramos.

É sumamente importante que cando nos rexistramos poñamos o nome da asociación á que representamos para que ésta se poida ver no perfil de usuario. Trátase de que nos vaiamos coñecendo todos un pouco máis, dado que para sacar adiante o GDR-5 imos ter que traballar en común, moito e ben.

Os comentarios que se poden facer en cada entrada que se publique están abertos a todo o mundo, sexa usuario rexistrado ou non.
Se vos atopades con algún atranco escribide un e-mail a gdr5ancarescourel@gmail.com e intentaremos arranxalo.
¡Ánimo e a participar!

3 comentarios:

Jose Antonio propietarios Ferramulin dijo...

Hola a todos los grupos participantes en GDR5.
Espero que hagamos un buen trabajo que redunde sobre todo en un aumento de la calidad de vida de las gentes que habitan en todos los concellos participantes.
Un cordial saludo.
José Antonio

Raquel dijo...

Olá a todos!
Felicitacións polo blog, ... un aporte máis para o achegamento e poder seguir dialogando. Haberá que darlle vidilla!, non?
Para min, o LEADER en si é un proxecto "bonito", ilusionante, e con el se poden facer cousas boas realmente... sobre con este nivel de participación.
Eso sí... Agora toca traballalo. Queda por diante moito esforzo, alegrías, discusións,.... e todo en tres meses!!! Así que collede folgos, ánimo e a traballalo!
Saúdos. raquel.

Anónimo dijo...

hola a todos : a Asociación sociocultural " A Coroa " de Folgoso do Caurel convidavos a XXI edición da Festa da Castaña do Caurel que organiza está asociación,e que se celebrara o día 9 de novembro en Folgoso do Caurel no souto da Carroza.Degustación gratuita durante todo o día de castañas asadas do Caurel e viño novo. ESPERAMOSVOS