26 jun 2008

AVISO URXENTE!!! Cambio de data da xuntanza do 27 de xuño

Hola a todos:

Como xa saberedes, unha comisión de voluntarios saída da reunión do pasado 7 de xuño reuniuse onte mércores 25 de xuño, co fin de estructurar as propostas e enmendas presentadas para os estatutos do gdr-5 de cara á reunión da xunta xestora. Debido á gran cantidade de propostas presentadas decidiuse, por unanimidade, aprazar a reunión que a xunta xestora tiña prevista para este venres 27/6/08 ás oito da tarde.

A xuntanza trasládase ó MÉRCORES 2 DE XULLO ÁS OITO DA TARDE.

A comisión de voluntarios volverase reunir o venres 27/06/08 ás seis da tarde para seguir co traballo de estudio das propostas e enmendas presentadas de tal xeito que se poidan expoñer e debatir de forma ordenada o mércores 02/07/08 cando se reuna a xunta xestora ó completo. A esta comisión de voluntarios se poden incorporar todos aqueles integrantes da xunta xestora que o desexen.
Agardando non causar demasiadas molestias con este cambio recibide un cordial saúdo.

No hay comentarios: