2 mar 2011

Xornada en Fonsagrada: OS RETOS DO SECTOR DA CARNE DE VACÚN

O vindeiro venres 4 de marzo terá lugar no Salón de Actos Municipal da Fonsagrada (Os Chaos), dende as 9,00 horas un foro de debate sobre os rectos do sector do vacún de carne.

O programa será o seguinte:

9,00 h: Inauguración; Alcalde da Fonsagrada.

9,30 h: "O valor da Identificación Xeográfica Protexida na comercialización de carne fresca: tendencias de mercado e consumo". Director de Promoción e Relacións Externas da IXP.

10,15 h: "Eficacia na relación do produtor co matadoiro", a cargo do Veterinario Xefe de Produción de Vacún de Carne de COREN.

11,00 h: Pausa Café.

11,30 h: "Produción de carne en Galicia no marco da reforma da PAC", a cargo do Subdirector Xeral do FOGGA.

12,15 h: Mesa redonda: "As potencialidades da carne de calidade nas zonas de montaña", a cargo de: presidente de Ternera Galega, presidente de ACRUGA, Subdirector de Gandería da Cons. de Medio Rural, Veterinario Xefe de Producción de Vacún de Carne de COREN.

14,00 h: Clausura, a cargo do Sr. Conselleiro do Medio Rural.

No hay comentarios: