2 mar 2011

PLAN DE ZONA DA MONTAÑA LUGUESA

O pasado 1 de marzo de 2011, tivo lugar a primeira reunión do Consello de Zona para a elaboración do Plan de Zona da Montaña Luguesa 2010-2014. Neste Consello están representados os GDRs.

Este Plan de Zona, que comezará a deseñarse nestas datas, debe incluir actuacións coordinadas entre diferentes administracións, nos campos da Economía e o Emprego, o Medio Ambiente, as Infraestruturas e Servizos á Poboación, etc.

Na reunión celebrada onte no Centro Sociocultural de Baralla, informouse do seguinte:

- Disponse para toda Galicia e os 5 anos do Programa de Desarrollo Rural Sostenible dun total de 170 millóns de euros, dos que a metade provén da Administración Xeral do Estado e a outra metade, da Xunta de Galicia. Isto fai unha media de 2,83 millóns de euros por zona e ano. Esta cifra é unha media.

- CALQUER PERSOA OU ENTIDADE PODE FACER UNHA PROPOSTA, SEGUNDO O MODELO OFICIAL E ACHEGALO A AGADER ANTES DO 21 DE MARZO DO 2011.
(DESCARGA MODELO OFICIAL).

No hay comentarios: