Foi convocada unha reunión de Xunta Directiva para mañá xoves 17 de setembro, ás 17,00 horas no local da asociación, na Rúa Bolaño Mendo s/n, edificio San Xoán, 4º andar.
O apresurado da convocatoria débese á urxencia das decisións a tomar. A orde do día quedará composta por:
0. Lectura e aprobación da Orde do Día.
1. Lectura e aprobación da Acta Anterior.
2. Reformulación dos proxectos de cooperación aprobados polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, a saber:
2.1 - Proxecto MASOVERA.
2.2 - Proxecto Rede de Espacios Ambientalmente Competitivos.
3. Rogos e Preguntas.
Segundo o Regulamento de Réxime Interno, aprobado na pasada asemblea xeral celebrada o día sábado 12 de setembro, os representantes de calquera entidade socia poden acudir ás reunións de Xunta Directiva. Así que se representas a unha entidade socia, pódesche achegar a participar dando as túas opinións.
2 comentarios:
Unha proposta: Estaría ben que informarades a través do blog dos resultados destas reunións.
Oído cociña!!! e moitas gracias pola aportación. Pois sí, publicaremos os resultados en breve, pero temos que agardar un día máis para que antes a directiva confirme o borrador da acta. Perdoa as molestias.
Publicar un comentario