21 jul 2009

O equipo técnico incorporado na nova oficina.

O novo local da asociación, que servirá de sede estable da oficina, foi cedido pola Consellería do Medio Rural e ubícase no mesmo bloque que a nova Oficina Agraria Comarcal, no antigo colexio de Becerreá.
Rematadas algunhas obras, e a falta dalgún equipamento, deixamos o local cedido polo concello de Becerreá na rúa Anovello ... e xa estamos en condicións de atender consultas, peticións,... ¡e visitas! no seguinte enderezo:

Rúa Bolaño Mendo s/n. Edificio San Xoán (antiga escola); 4º andar. /27640/ - Becerreá
(De momento, de 9 a 14 horas)
Teléfonos: 606 035 964 e 982 360 824
Enderezo electrónico: gdr5ancarescourel@gmail.com

1 comentario:

severiano daniel vazquez prado dijo...

O local é de titularidade municipal. Polo que a cesión correspondeu ao Concello de Becerreá.