25 sept 2012

RELATO DA EXCURSIÓN A SOMIEDO

Se lembrades, o pasado día 30 de agosto realizamos a visita a explotacións de vacún de carne en Somiedo. O obxectivo da visita era coñecer o sistema de manexo do gando nesas montañas... i enmarcábase dentro do proxecto WOLF: Wild Life & Farmers.

Como recordo da visita, o seguinte relato...

Comezamos cedo pola mañá, saíndo de Navia, Becerreá e Pedrafita dous autobuses medianos, con participantes que se achegaban dende Navia, Becerreá, Cervantes, Pedrafita, Folgoso do Courel, As Nogais, etc.
Faciasenos longa a ruta, con tres horas de camiño..., se ben iso se nos esqueceu ao chegar ao destino. Comezamos esta bonita xornada coa chegada a Pola de Somiedo, onde fixemos unha pequena reunión entre nós, o Sr. Alcalde, un representante da Asociación de Gandeiros, e a Directora do Parque Natural.
Nun ambiente agradable, visionamos uns vídeos relacionados coa gandería e o  pastoreo tradicional, e destacouse a importancia que esta actividade ten dentro do concello. Así mesmo tamén se destacou a importancia de manter a gandería para conservar os valores naturais polos que Somiedo é Parque Natural.

Tras media hora de diálogo e consultas, subimos a Valle de Lago en autobús, onde nos agardaban un número de gandeiros da zona, o sr. alcalde, a directora do parque, o tecnico de emprego do concello e un técnico da Fundación Oso Pardo. Cos seus propios todoterreos, axustámonos e ascendimos máis de 7 Kilómetros por unha pista para vehículos de uso exclusivo gandeiro, ata as zonas das brañas, no entorno do Lago. A paisaxe, como se ve na foto era espectacular...



Nesas alturas, comprobamos o estado do gando en extensivo, e puidemos conversar cos gandeiros locais en pequenos grupos. Aprendimos como manexan o gando nas distintas épocas do ano entre uns pastos e outros: os prados de pé dos pobos, as brañas, a pradera, e a herba gardada para a época de estabulación.

 Tamén observamos as razas autóctonas tan ben conservadas e atendimos ás indicacións sobre a necesidade de buscar "a calidade" no gando.

 ...Incluso houbo algún que subiu nunha carreira a facer baixar o gando para que o puidesemos ver de cerca!
De regreso dende o lago, paramos na zona da pradeira. Alí comprobamos o coidado do pasto natural, e vimos os sistemas de rega e falamos do calendario de manexo do gando e os pastos: cando se saca o gando da estabulación, se manexa nas fincas próximas, se sube ás brañas, cando se sega e cando se pastorea a pradeira, cando se misturan machos e femias, etc etc. Na foto de abaixo, vemos un momento da reunión que fixemos conversando con gandeiros do lugar, e en particular, co representante da asociación de gandeiros.




A continuación, continuamos cun xantar en común no que puidemos seguir conversando en Valle de Lago, e coñecimos unha cuadra ou establo novo.


E para rematar a excursión, visitamos o centro de información do oso, onde vimos unha entrañable reportaxe sobre a vida do oso nestas montañas.
FOTO DE GRUPO
Dende a equipa tecnica do GDR valoramos que a visita foi realmente proveitosa para as persoas que asistimos alí; será difícil de repetir unha experiencia como esta. Queremos agradecerlle moi especialmente aos gandeiros de Somiedo que nos acercaron nos seus vehículos e que xenerosamente nos explicaron como manexan o gando e os pastos, así como ao grupo de desenvolvemento rural da zona, denominado Camin Real de la Mesa, pola súa colaboración na organización, i especialmente ao seu Presidente, tamén Sr. Alcalde de Somiedo, pola súa dedicación i esforzo durante toda a xornada. Igualmente, á directora do Parque Natural, á Fundación Oso Pardo, e ao axente de desenvolvemento local. Por último, ou en primeiro lugar... tanto da, aos que nos acompañastedes tan de bó humor nese día e a Ana e Manuel por propoñernos realizar esta visita.   
        A todos/as, MOITAS GRACIAS!

Nota: temos máis fotos dispoñibles da visita, para quen queira vir a recollelas á oficina.

No hay comentarios: