14 ago 2012

Curso de Froiteiras. Enxerto de xema.

Dentro do Curso sobre o Coidado das Froiteiras, que se vén impartindo durante este ano en Baralla no marco do proxecto Nuevos Horizontes, informamos aos alumnos de que a seguinte xornada será o día 22 de agosto pola tarde.

O tema deste día será o "enxerto de verán" ou "enxerto de xema".

Como é un tipo de enxerto que está xerando moita curiosidade e que supón unha serie de vantaxes interesantes respecto dos enxertos de inverno, se algunha persoa que non estea anotada no curso quere vir a esta xornada puntualmente, poderá asistir, ata un cupo máximo, e avisando con antelación no teléfono da Asociación: 982360824.

No hay comentarios: