3 may 2011

Acceso a internet mediante redes X.net





Nos últimos anos, vense dando un crecemento intensivo de redes de internet mediante tecnoloxías de radioenlaces, como os WiFI ou os WiMAX, etc. Varias operadoras xa traballan no noso territorio mediante estes sistemas.



Un exemplo máis deste tipo de sistemas, pero diferente na súa finalidade, é o que desenvolve a Fundación Guifi.net, unha fundación catalana sen ánimo de lucro, cuxos obxectivos se centran no desenvolvemento de redes libres, abertas e neutrais. Máis información en http://www.guifi.net/.



O GDR 5 organiza nestes fins de semana un curso de formación para persoas que queiran aprender a deseñar, instalar e configurar este tipo de redes, co obxecto de instalar pequenas redes de acceso a internet en áreas remotas nun futuro.



Pequenas redes veciñais de acceso a internet con este ou outros sistemas, poderían ser subvencionables polo Programa LEADER se non teñen un fin económico; é dicir, se están promovidas por entidades sen fins lucrativos, e se teñen un fin social.



Para coñecer máis sobre a cuestión, pódese asistir á xornada que se impartirá en Lugo o venres 6 de maio ás 20:00 horas no Centro Social LugII (Rúa Pintor Corredoira, preto do colexio Anexa), ou ben, asistir á visita que realizaremos para coñecer unha iniciativa de cobertura de internet no Courel que xa funciona co sistema Guifi.net. Para asistir, débese avisar antes por teléfono ao número 982 360 824.

No hay comentarios: