8 mar 2011

CONVOCADAS AS MESAS SECTORIAIS

As mesas sectoriais da Asociación foron convocadas para os vindeiros días. O motivo da convocatoria para todas elas é o seguinte:

Propostas a facer ás administracións para seren incluídas no PLAN DE ZONA DA MONTAÑA LUGUESA, dentro do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014. (Pódese ler máis ao respecto en novas dispostas máis abaixo). Cada mesa debatirá sobre as temáticas que lle son propias.

O motivo da urxencia da convocatoria tamén responde a que o prazo dado para presentar propostas no citado plan remata o vindeiro luns 21 de marzo.

Lembramos que calquera entidade ou persoa pode facer aportacións ao Plan de Zona libremente, enviando as propostas no formulario directamente a Agader. (Máis información pinchando aquí).

As convocatorias serán as seguintes:

- MESA MEDIOAMBIENTAL. Sábado 12 de marzo ás 11,30 horas no centro sociocultural de Sevane (a antiga escola), Folgoso do Courel.

- MESA DA VIDA COTIÁ DOS POBOS. Martes 15 de marzo ás 19,30 horas na Casa da Cultura de Becerreá (Rúa Eulogio Rosón s/n).

- MESA EMPRESARIAL E DE DESENVOLVEMENTO RURAL. Mércores 16 de marzo ás 17,00 horas no local social da Asociación, situado en Rúa Bolaño Mendo s/n, Becerreá.

- MESA AGROFORESTAL. Xoves 17 de marzo ás 19,00 horas na Casa da Cultura de Becerreá (Rúa Eulogio Rosón s/n).

No hay comentarios: