A Lei de Desarrollo Rural Sostenible elaborada polo goberno central, concrétase no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010 - 2014. (Ver máis información).
Neste programa, establécese que cada Zona Territorial debe facer un Plan de Zona, que vén sendo máis ou menos un plan no que se coordinen as actuacións das diferentes administracións. É dicir, é un Plan para unha zona determinada, coordinado entre diferentes consellerías, ministerios e administracións locais.
En Galicia, definíronse 12 zonas. Unha delas é a denominada Montaña Lucense, e abarca os concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín e Riotorto. É dicir, todo o ámbito territorial do GDR 5 está incluído nesta zona para o PDRS 2010-2014.
Segundo publicacións do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (ver informe), en Galicia xa está feito o análise e diagnóstico para cada Plan de Zona, e que dende decembro de 2010 a febreiro de 2011 se realizará a fase participativa do proceso.
Por outra banda, recentemente, veñen de ser aprobadas as Directrices de Ordenación do Territorio, que se poden descargar no seguinte enlace: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2467. Estas directrices servirán tamén de marco de referencia para os Plans de Zona.
Recentemente, AGADER, que será a entidade que coordine a elaboración dos Plans de Zona, nos ten convocado para designar un,ha representante dos 3 GDRs que abarcan a zona de montaña (inclúense parte dos territorios dos GDR 3 - Montes e Vales e do GDR 8 - Ribeira Sacra), para participar na elaboración dos Plans de Zona.
Dende o GDR 5 trasladaranse as conclusións que se obtiveron das diferentes reunións tidas na mesa sectorial da Vida Cotiá dos Pobos, nas que se debatiron a situación das infraestruturas, equipamentos e servizos do noso territorio.
Outras novas relacionadas:
- Das páxinas web das Redes de GDRs a nivel estatal aparecen as seguintes novas:
Novas da Red Española de Desenvolvemento Rural: http://www.redr.es/es/cargarAplicac[....]echaDesde=&idCategoria=0&fechaHasta=
Novas da Red Estatal de Desarrollo Rural: http://www.redestatal.com/elaboracion-de-los-planes-de-zona-en-galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario