O día 9 de maio celebrarase unha homenaxe a Uxio Novoneyra en Parada do Courel o pobo natal do Poeta.
Este acto está organizado polos Xestores da súa páxina Web e colaboran os alumnos do CPI de Seoane do Courel, as asociacións do territorio, a familia de Uxio Novoneyra, o Concello e a Deputación.
O acto consistirá nunha camiñada-Homenaxe que comeza na Ferreria de Seoane e remata no pobo de Parada (ver programa). durante a camiñada haberá actuacións poéticas, musicais, teatrais, lúdicas... calquera que o desexe pode participar poñéndose en contacto coa asociación SOS Courel (soscourel@mundo-r.com). O acto central da homenaxe será na casa do Poeta en Parada, os participantes que desexen falar neste acto deben manifestalo con urxencia á seguinte dirección uxionovoneyra@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario