9 mar 2010

Debuxos na Televisión

Algúns debuxos dos nenos e nenas do noso territorio, realizados na modalidade de debuxo "Como quero que sexa o meu pobo cando medre", para o concurso "TI PINTAS MOITO!", sairán esta fin de semana na televisión.
O programa Desde Galicia para el Mundo, emitirá esta fin de semana unha reportaxe sobre escapadas por Galicia, sendo unha delas aos Ancares. Nesta reportaxe incluiranse parte dos debuxos que os nenos e nenas do noso territorio aportaron para o concurso que o GDR realiza nos meses de febreiro e marzo.
A reportaxe emitirase:
- o sábado 13 na canle internacional de Televisión Española (ver horarios aquí)
- o domingo 14 ás 15:30 horas na Televisión de Galicia.

No hay comentarios: