Tomáronse, de forma resumida, os seguintes acordos:
1. Modificación do domicilio social da Asociación, para ubicalo na oficiña aberta en Rúa Bolaño Mendo s/n; edificio S. Xoán, 4º andar. /27670/ - Becerreá. Aprobouse por tanto tamén a modificación dos estatutos ao respecto, así como unha corrección de erratas no artigo 14 dos mesmos: onde di "puntos i a l", debe dicir "puntos i a o".
2. Aprobación das contas e a memoria do ano anterior.
3. Aprobación do Regulamento do Réxime Interno da Asociación.
4. Ampliación da composición da Xunta Directiva, dando cabida como novos membros aos representantes dos concellos de Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
5. A realización de dúas asembleas anuais, unha sobre marzo e outra sobre novembro, para facilitar as aprobacións das memorias do ano anterior e das planificacións do ano seguinte respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario